Blogia
Descubriendo Galicia

Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas En primeiro lugar pedir perdón polo "abandono" do blog durante estos días e dicir que a pesar de que este día xa se celebrou hai unha semana non pode faltar un post sobre el.
Cada 17 de maio Galicia celebra o Día das Letras Galegas. Nel destácase a un autor e as súas obras en lingua galega. O primeiro ano no que se celebrou este Día foi no 1963, adicado a Rosalía de Castro, cando facía cen anos da publicación de "Cantares Gallegos", obra que foi clave no rexurdimento da literatura e da cultura galegas.
Este ano o homenaxeado foi o poeta Lorenzo Varela, autor ligado ó fenómeno da emigración e o exilio. Entre as súas obras máis coñecidas atópanse "Catro libros pra catro gravados"(1944)e "Lonxe" (1954, ambos de poemas en galego.Máis datos sobre o autor na Biblioteca Virtual Galega.
Con este post quero animar a todo o mundo a ler a nosa literatura, xa sea Lorenzo Varela ou calquer outro xenio dos que Galicia trouxo ó mundo.

1 comentario

Anónimo -

eña falno un puquiño dun fermoso pobo chamado lestedo...