|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Actualidade. 25/05/2005Día das Letras Galegas En primeiro lugar pedir perdón polo "abandono" do blog durante estos días e dicir que a pesar de que este día xa se celebrou hai unha semana non pode faltar un post sobre el.Cada 17 de maio Galicia celebra o Día das Letras Galegas. Nel destácase a un autor e as súas obras en lingua galega. O primeiro ano no que se celebrou este Día foi no 1963, adicado a Rosalía de Castro, cando facía cen anos da publicación de "Cantares Gallegos", obra que foi clave no rexurdimento da literatura e da cultura galegas. Este ano o homenaxeado foi o poeta Lorenzo Varela, autor ligado ó fenómeno da emigración e o exilio. Entre as súas obras máis coñecidas atópanse "Catro libros pra catro gravados"(1944)e "Lonxe" (1954, ambos de poemas en galego.Máis datos sobre o autor na Biblioteca Virtual Galega. Con este post quero animar a todo o mundo a ler a nosa literatura, xa sea Lorenzo Varela ou calquer outro xenio dos que Galicia trouxo ó mundo. 12/05/2005Festival do Norte Esta fin de semana (13, 14 e 15 de Maio)terá lugar na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa o Festival do Norte. Entre os grupos que estarán alí encóntranse: Amparanoia, Bunbury, a Fundación Tony Manero, Orishas, Macaco, Pereza e outros moitos.O Festival terá lugar o aire libre no receinto feiral Exterior de Fexdega. O prezo da entrada para o festival é de 25 euros para un día e de 50 euros o abono para os tres días. A festa está garantizada!! Máis información www.desconcierto.com |
Descubriendo GaliciaTemas
ArchivosEnlacesEl gallegoSímbolos de GaliciaEl Camino de SantiagoLugares para visitar
Otros |